Coldplay tende pontes coa realidade virtual
xoves, 11 de decembro do 2025
Meta anunciou unha alianza con iHeartMedia para trasladar a maxia da xira mundial Music of the Spheres de Coldplay ao espazo virtual de Meta Horizon. O concerto, gravado no emblemático estadio de Wembley, poderá vivirse de xeito inmersivo o 30 de decembro ás 20:00 horas, tanto a través da aplicación móbil como en realidade virtual con Meta Quest. A banda británica cualificou esta oportunidade como unha forma de compartir o seu espectáculo «coma se os fans estivesen no estadio, pero desde a comodidade das súas casas».
A produción contou cunha despregadura técnica sen precedentes: quince cámaras, entre elas sistemas Spydercam e Steadicam, ademais de novas Blackmagic URSA que ofrecen maior resolución e nitidez. O resultado promete achegar aos espectadores á enerxÃa e á espectacularidade dun directo que The Times describiu como «o mellor espectáculo musical en vivo da historia».
A experiencia virtual incluirá ademais merchandising exclusivo para avatares, dispoñible de balde, que permitirá aos seguidores personalizar a súa presenza no evento e conectar con outros fans de todo o mundo. Cancións icónicas como Yellow, Fix You ou Viva La Vida estarán presentes xunto a temas recentes como feelslikeimfallinginlove.
A colaboración amplÃase tamén ao ámbito dos videoxogo, xa que o 18 de decembro chegará a Beat Saber un lote con doce cancións de Coldplay por 14,99 euros (que tamén poden adquirirse por separado a 1,99 euros). Para quen aÃnda non mercase o xogo Beat Saber será posible a súa compra xunto co lote de cancións de Coldplay a un prezo de 34,99 euros (o que supón un aforro de 10 euros).
VÃdeo promocional do concerto de Coldplay que poderá verse en Meta Horizon
