Coloridos ordenadores Dell Inspiron

martes, 31 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Os fabricantes de reprodutores de MP3 e de consolas de videoxogos non son os únicos que tiran de carcasas de cores para mellorar as súas vendas, e Dell presentou unha nova gama de ordenadores Inspiron que chegará en 8 cores distintas: negro piano, branco puro, azul real, vermello fórmula, laranxa mandarina, verde primavera, púrpura ameixa e rosa promesa.
Os equipos teñen unhas configuracións moi variadas, podendo ter formato mini-torre ou slim, case todos os procesadores do mercado (Intel Celeron, Core 2 Duo e Core 2 Quad ou AMD Sempron, Athlon X2 e Phenom X4), tarxeta gráfica ATI Radeon, ata 8 Gb de memoria, ata 750 Gb ou 1 Tb de disco duro (segundo falemos dunha caixa slim ou mini-torre), opcións de lector multitarxeta e saída HMDI, 6 portos USB e distintos tipos de unidades ópticas (incluíndo Blu-ray).
Definir así os Dell Inspiron como unha familia de ordenadores parece bastante xenérico, pois case estariamos a designar un catálogo de equipos completo.

PUBLICIDADE