Colorware permite darlle ó iPhone un toque de cor
venres, 20 de xullo do 2007
A empresa Colorware está especializada na fabricación
de carcasas para dispositivos electrónicos coma consolas de videoxogos,
reprodutores multimedia ou ordenadores portátiles para permitir a súa
personalización, de xeito que os usuarios que queiran contar con modelos
exclusivos ou cunha estética moi rechamante poden mesmo mercarlles directamente
os dispositivos coas carcasas xa incorporadas (para evitar a complicación de
desmontar os trebellos persoalmente.
Non sorprende a ninguén que este fabricante que fixo moito negocio vendendo
versións en distintas cores dos iPods (antes de que a propia Apple ampliase a súa
oferta cromática) veña agora ampliando o abano de cores do iPhone dun xeito moi orixinal e atractivo, pois permite
combinar 29 cores (entre sólidas e metálicas) na carcasa do iPhone de xeito
que se pode cambiar tanto a parte traseira como a inferior de xeito que hai
centos aparencias posibles que fan máis exclusivo un terminal móbil xa
exclusivo en si mesmo.