Comeza a conta atrás para a apertura de portas da Rianxo Gaming, este 5 de xullo

martes, 1 de xullo do 2025 S. P.

Este sábado 5 de xullo, ao longo de toda a xornada, desenvolverase a terceira edición do Rianxo Gaming, a feira de videoxogos de Rianxo, no Campo de Arriba (praza de Castelao). A feira inclúe múltiples actividades de xogo libre, mostra de xogos retro, arcades, tendas, xantar e torneos de Mario Kart, Brawl Stars, EA Sports FC e Smash Bros, e coa novidade dos xogos de mesa e o torneo de cartas coleccionables de Pokémon TCG.
O punto musical virá da man de Gallos del Norte e da Banda de Música Vila de Cedeira, co concerto Are you ready to play? ás 22.30 h.
As inscricións para participar en Rianxo Gaming poden formalizarse na Rede.
O evento está organizado e patrocinado polo Concello de Rianxo e a produción de Lua Gaming. Participan Faneka Gming, Gallos del Norte, Counter Slime, Volvemos a Primera producciones, Astora Comics, Sol Maya, Beest ·D Galicia, Vella Escola Cultura Urbana, Recuncho Gamer, A Moreniña e a Banda de Música Vila de Cedeira.
Patrocinan ou colaboran Xanela, Creade Impresión Digital, Fibra Rianxo, Librería Cándido, Ramón y Óscar Tubío, Rent Galicia Inmobiliaria, Kiosco José Ramón e a Escola de Música de Rianxo.
Máis detalles do programa
O programa de actividades inclúe unha zona retro gaming, unha zona arcade, unha zona PC, unha zona de Realidade Virtual, unha zona de música e movemento, xogos de mesa e obradoiros de iniciación ao universo Pokémon TCG e One Piece TCG. Tamén haberá torneos (de Super Smash Bros Ultimate, de Pokémon TCG, de Mario Kart 8, de Brawl Stars, de EA Sports FC 25, etc), unha emisión en directo no programa Recuncho Gamer (ás 12.30 horas do 5 de xullo), unha mostra de freestyle cos Gallos del Norte e, como dixemos, un concerto coa Banda de Música Vila de Cedeira (Are you ready to play?) a xeito de colofón do programa de actividades.