Comeza a conta atrás para a décima edición da FIRST LEGO League Galicia
xoves, 22 de febreiro do 2024
O vindeiro 4 de marzo volve ao Campus de Ferrol a FIRST LEGO League Galicia (FLL Galicia), organizada pola Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF) e o Campus Industrial da UDC baixo o paraugas da asociación ingeniera.soy. Trátase da décima edición dunha das grandes probas galegas de talento tecnolóxico maker, amais de ser unha porta da entrada para ducias de estudantes nos ámbitos da electrónica, a robótica, a Intelixencia Artificial e a tecnoloxÃa igualitaria, inclusiva, sustentábel e sen cancelas.
A FIRST LEGO League Galicia terá lugar o vindeiro sábado 2 de marzo no Campus Industrial de Ferrol e, máis concretamente, na Escola Politécnica de EnxeñarÃa e na Facultade de Humanidades e Documentación.
O Xogo do Robot disputarase no Pavillón de Esteiro e a entrega de premios levarase a cabo no Auditorio Municipal de Ferrol.
Ao igual que en edicións anteriores, o evento conta coa colaboración da Xunta, a través da Dirección Xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, da Deputación Provincial da Coruña e do Concello de Ferrol. Ademais, patrocina a FLL Galicia a empresa Gabadi SL, o Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia (ICOIIG), o Colexio Profesional de EnxeñarÃa Informática de Galicia (CPEIG), Gadis, ERROR! Ferrol, PuntoGal, Neodyn e Todo Ocio.
Que é a FIRST LEGO League?
A FIRST LEGO League é un programa internacional que desafÃa a mozos e mozas de entre 4 e 16 anos, divididos en tres categorÃas, a resolver problemas do mundo real como poden ser a reciclaxe, a educación ou as enerxÃas renovábeis. Ao mesmo tempo, aprenden valiosas habilidades para o seu futuro profesional e persoal como son o traballo en equipo, a resolución de problemas e a comunicación. Este é un desafÃo conformado por tres ámbitos de traballo:
• Deseñar, construÃr e programar un robot
• Desenvolver un proxecto de innovación que dea solución a un problema proposto por eles mesmos dentro da temática anual
• Demostrar uns valores de equipo
A FIRST LEGO League ten unha dobre misión: por unha banda fomentar as vocacións cientÃficas e tecnolóxicas entre os máis novos; e pola outra desenvolver habilidades e competencias de futuro.
Presentación
A competición será presentada este venres 23 de febreiro na sala anexa ao Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol, ás 12:00 horas. O acto estará presidido pola vicerreitora do Campus de Ferrol e Responsabilidade Social, Ana Ares Pernas, a directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao RodrÃguez, a concelleira de Educación, Universidade e PolÃtica LingüÃstica do Concello de Ferrol, Patricia Cons Formoso, o director do Campus Industrial da Universidade da Coruña, Marcos MÃguez González, o director da Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol, Vicente DÃaz Casás, e o coordinador da FLL Galicia, José Antonio Becerra Permuy.