Comeza a conta atrás para a fase galega do concurso AdaByron, o 24 de abril
mércores, 8 de abril do 2026

- Exterior da ETSE da USC
O 24 de abril desenvolverase a fase galega do concurso AdaByron, un certame universitario de programación dirixido ao estudantado matriculado nas titulacións de informática das universidades públicas.
Nesta edición de AdaByron Galicia, a ETSE (Escola Técnica Superior de EnxeñarÃa da USC) será a sede dos graos en EnxeñarÃa Informática e en Intelixencia Artificial. Tamén serán sedes a Facultade de Informática da UDC e a Escola Superior de EnxeñarÃa Informática da UVigo.
Só poderán participar estudantes que cursen algún dos graos impartidos nos tres centros organizadores e a inscrición realizarase por equipos. Un equipo estará formado por tres estudantes da mesma universidade, aÃnda que poden pertencer a graos (ou itinerarios) diferentes.
A organización xestionará a admisión dos equipos da forma que considere máis axeitada. Dependendo da cantidade de estudantes interesados poderá empregarse unha estratexia FIFO, un sorteo, ou un criterio de reparto por cursos.
Os concursos rexionais do certame AdaByron son os concursos clasificatorios para a final nacional. Realizaranse entre febreiro e abril de 2026.
A fase AdaByron Galicia celebrarase nos tres centros do Sistema Universitario Galego que imparten Graos en EnxeñerÃa Informática (Facultade de Informática da UDC, Escola Técnica Superior de EnxeñarÃa da USC e Escola Superior de EnxeñarÃa Informática de UVigo) o 24 de abril de 2026 pola tarde. Os mellores clasificados poderán participar no concurso nacional que se celebrará en xullo de 2026.
AdaByron é un concurso universitario que nace na Comunidad de Madrid e que desde o ano 2022 abriuse a outras universidades españolas nunha competición na que se miden as habilidades e destrezas de programación dos estudantes universitarios.
Un dos obxectivos do concurso é “incentivar a participación dos estudantes de informática no concurso internacional de programación ICPC (International Collegiate Program.
