Comeza a conta atrás para o Prime Day

martes, 3 de xullo do 2018 Marcus Fernández

Amazon España vén de confirmar a filtración que apuntaba a que este ano celebrarían o seu Prime Day a partires do mediodía do 16 de xullo, de xeito que os consumidores interesados en planificar os seus gastos na campaña de rebaixas de verán xa poden ter en conta as promocións que Amazon prepara para os países nos que está presente as subscricións Prime, que no caso español permiten recibir unha chea de servizos por 19,95 euros/ano.
O vindeiro Prime Day comezará o 16 de xullo ás 12:00 horas e espallarase a toda a xornada do día 17, de xeito que durará 36 horas (6 horas máis que en 2017), tempo no que a nivel mundial estarán dispoñibles máis dun millón de ofertas de produtos de todo tipo, como televisores, roupa, xoguetes, mobles... destacando especialmente os dispositivos Amazon como os lectores de libros electrónicos Kindle, os reprodutores multimedia Fire TV e as tabletas Fire, que tradicionalmente son os produtos máis vendidos neste tipo de campañas.
Pero non é preciso esperar o día 16 para atopar boas ofertas en Amazon, senón que a partires de hoxe comezan a lanzar numerosas ofertas que afectan a produtos e servizos de Amazon, de xeito que podemos atopar moitos produtos de marcas propias con importantes descontos, a posibilidade de gozar de Amazon Music Unlimited durante 4 meses por só 0,99 euros ou incluso a posibilidade de recibir un xogo de balde cada día ata o 18 de xullo a través de Twitch Prime.