Comeza a recuperación da PlayStation Network
luns, 16 de maio do 2011
Tras unha longa
espera, este domingo Sony anunciou que vén
de iniciar a restauración da PlayStation Network, de xeito que xa é posible
conectarse a esta plataforma para xogar en liña, pero aÃnda non está totalmente
operativo o sistema (moitos servizos están a restaurarse paulatinamente) nin
está a funcionar con toda a normalidade que serÃa desexable.
Os usuarios de PlayStation 3 que desexen volver a conectar coa PSN deberán instalar
a versión 3.61 do seu firmware (a 6.38 no caso da PSP), que forza a mudar o
contrasinal (dende a propia PS3 dende a que se activou a conta de usuario) como
medida de seguridade, aÃnda que a vaga de usuarios intentando facer tal
provocou unha caÃda do sistema, en boa medida polas mensaxes
de verificación da conta de correo electrónico empregada para identificarse
no sistema.
Kaz Hirai anunciou o comezo do reestablecemento da PSN
Resulta sorprendente que, pese a que dende EE.UU. e Europa xa se poida xogar en
liña coa PS3, no
Xapón o Goberno non aceptou o restablecemento do sistema antes de que poñan en
funcionamento todas as medidas de seguridade prometidas por Sony, o que
resulta un tanto preocupante, pois dá a impresión que somos menos esixentes no
que á seguridade das redes se refire.
Os sistemas de xogo en liña de Sony Online Entertainment (SOE) do que dependen
varios xogos masivos multixogador como DC
Universe Online tamén está a
seguir os pasos da PSN, e está a restaurarse cun reforzo da súa seguridade.
Os usuarios de SOE recibirán como compensación 30 dÃas de xogo de balde aos que
haberÃa que sumar tantos dÃas como os que o servizo estivo pechado (45 dÃas en
total) xunto con 500 unidades de Station Cash
nas súas contas e, no caso de teren unha subscrición vitalicia, recibirán 7.500
créditos galácticos en Clone Wars
Adventures, 20.000 moedas en Free
Realms e 10 marcas de distinción en DC
Universe Online. Existen moitas outras compensacións en función
dos distintos xogos que operan en SOE.
As compensacións para usuarios da PlayStation Network aÃnda non concretouse
totalmente, comentándose que nun principio incluirÃa 30 dÃas de PlayStation
Plus de balde e un par de xogos descargables a elixir entre un reducido
catálogo.