Comeza en Lugo un curso sobre mercadotecnia dixital para impulsar o empregabilidade e o emprendemento de 25 persoas
martes, 8 de outubro do 2019
- O concelleiro Mauricio Repetto na presentación do curso sobre redes sociais
Este
luns
ás 16.00 horas comezou no CEI Nodus de Lugo a acción formativa
Social media, marketing dixital e emprendemento que impulsa a
área de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello ao abeiro do
seu convenio coa Fundación INCYDE. Trátase dunha iniciativa
avanzada de adestramento tecnolóxico na que participan dúas ducias
de persoas ao longo de seis semanas, mellorando currículo e facendo
avanzar os seus coñecementos sobre os mellores xeitos actuais de
acadar novos clientes e mantelos no tempo, atopar mercados e mellorar
a comunicación.
O
programa está co-financiado pola Unión Europea a través do seu
Fondo Social e ten un orzamento de 45.000€, dos que o 80% son
achegados pola dita fundación a través da subvención do FSE (Fondo
Social Europeo) e o 20 % restante son fondos propios do Concello de
Lugo.
O
concelleiro Mauricio Reppeto deu a benvida ao alumnado que recibirá
a formación e explicou que o programa está dirixido,
principalmente, a persoas desempregadas interesadas en optimizar e
especializarse en competencias de mercadotecnia, emprendedoras e
emprendedores que conten cunha idea de negocio e desexen realizar un
proxecto viábel de creación de empresa, así como empresarios e
empresarias do sector que queiran mellorar a competitividade das súas
iniciativas de mercado e facelas medrar grazas ás novas tecnoloxías
2.0.
O
obxectivo fundamental do curso é “proporcionar unha visión global
das distintas áreas funcionais da empresa para poder determinar
oportunidades de mercado e desenvolver plans coa axuda das
ferramentas de xestión para favorecer a súa posta en marcha”.