Comeza na Rede a votación de finalistas do certame aRi[t]mar de poesía galego-lusa

mércores, 14 de abril do 2021 S. P.

Finalmente abriu o período de votación popular online para elixir o mellor poema galego e portugués de 2020, ao abeiro do certame aRi[t]mar, impulsado pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela coa colaboración de entidades de ámbalas beiras da raia como as Secretarías Xerais de Cultura e de Política Lingüística, a Deputación Provincial da Coruña, do Concello de Santiago de Compostela, do Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galicia-Norte de Portugal e do Instituto Camões-Centro Cultural Portugués de Vigo.
O xurado seleccionou as vinte (10+10) poesías portuguesas e galegas nomeadas. As persoas que quixeren participar poderán votar a través da web do certame, desde as 12:00 h do día 14 de abril até ás 23:59 h do día 10 de maio, e poderán participarán posteriormente nun sorteo dun lote de libros e Cds.
Os poemas finalistas galegos son da autoría de: Ana Romaní, Arancha Nogueira, Carlos Lorenzo/Baldo Ramos, Iria Pinheiro e María Lado, Eduardo Estévez, Lucía Cernadas, María Lado, Rosa Enríquez, Rosalía Fernández Rial e Francisco Fernández Naval.
Por Portugal resultaron nomeados: Álamo Oliveira, Alexandra Santos, Hélia Correia, João Pedro Méssender, Jorge C. Ferreira, Jorge Sousa Braga, Márcia, Raquel Serejo Martins, Rosa Oliveira e Samuel F. Pimenta.
Os e as poetas gañadores, xunto coas músicas xa escollidas, Guadi Galego e Cláudia Pascoal, recibirán os galardóns na Gala de Premios aRi[t]mar Galiza e Portugal 2021 do próximo outono

PUBLICIDADE