Comeza o Obradoiro de Novas Tecnoloxías para persoas maiores de Porto do Son

martes, 1 de agosto do 2023 S. P.

Este primeiro agosto dan comezo en Porto do Son as actividades do Obradoiro de Novas Tecnoloxías para persoas maiores do concello. Celebrarase en catro quendas: os días 1, 8, 22 e 29 de agosto, na nave de servizos náuticos da vila sonense.
Será unha actividade cen por cen de balde. O obradoiro vén da man da Xunta, a Fundación Amigos de Gailcia e o Concello. O obradoiro está destinado a persoas de 65 anos ou máis, que poderán familiarizarse grazas ás sesións programadas en cuestións como os usos da máquina de quendas das administracións locais e os centros de saúde, dos caixeiros automáticos, dos teléfonos móbiles intelixentes ou das aplicacións móbiles máis estendidas (por exemplo a app do SERGAS).

PUBLICIDADE