Comeza o curso sobre trámites en liña de Compostela Monumental
luns, 3 de maio do 2021
- Alberto Fandiño nunha imaxe de arquivo das actividades formativas de Compostela Monumental
As
persoas participantes do Programa Integrado de Emprego de Compostela
Monumental e a Xunta de Galicia celebran dende este luns 3 de maio,
no salón de actos que a patronal do centro histórico ten no 31 da
rúa Algalia de Arriba 31, o curso Trámites en liña, impartido polo
profesor Alberto Fandiño.
O
obxectivo desta acción, que se imparte de xeito presencial baixo as
máis estritas medidas de seguridade anti-COVID, é analizar os
servizos en liña que ofrecen as administracións e as medidas de
seguridade que se deben tomar cando se realizan os trámites a través
de Internet.