Comezan no Consistorio de Ribeira os traballos para renovar as infraestruturas de telecomunicacións
venres, 21 de xaneiro do 2022
O
Concello de Ribeira informou do inicio dos traballos para renovar e
actualizar as infraestruturas de telecomunicacións na Casa do
Concello. O obxectivo é “dar resposta a un uso cada vez máis
intensivo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC)
polos servizos municipais e por parte da sociedade en xeral”.
Esta
intervención enmárcase na Liña 12 da EDUSI Máis Ribeira Atlántica
2020, que está co-financiada nun 80% polos fondos FEDER dentro do
Programa Operativo Plurirrexional de Europa (POPE) 2014-2020.
A
empresa encargada de realizar os traballos é SVI 40 Contratas,
Servicios e Ingeniería, S.L.U., conforme a un prezo de adxudicación
de 86.509,11 euros, IVE incluído.
O
prego recolle a execución das seguintes accións:
•
Adecuación do Centro de Procesamento de Datos (CPD) ou Data
Center existente: situado na Casa do Concello. Neste punto
concéntranse todas as comunicacións e o obxectivo principal dos
traballos no CPD é “mellorar a robustez, a fiabilidade e a
seguridade do mesmo, para conseguir a mellora da calidade dos
servizos ofrecidos, a súa xestión, operacións e evolución”.
•
Reestruturación e renovación do cableado da Casa do Concello, por
medio dunha solución de cableado estruturado que partirá do CPD e
que permitirá “mellorar o largo de banda e a escalabilidade da
rede, así como garantir flexibilidade e facilitar a xestión e o
mantemento”, explican fontes do Goberno local.
•
Subministro, instalación e cableado de cargadores USB e cargadores
sen fíos para dispositivos móbiles nas columnas exteriores da Casa
do Concello, como parte da renovación do cableado.
O
Goberno de Ribeira engadiu que o tipo de contrato é da denominados
“chave en man” que asegure a correcta instalación e posta en
marcha de todo o equipamento fornecido, de tal maneira que a empresa
adxudicataria realizará todas as tarefas necesarias para o correcto
funcionamento do novo CPD e de todo o cableado estruturado do
Consistorio.
O
prazo de execución é de catro meses e 20 días contados dende que
se formalizou o contrato.