Command & Conquer 4 carecerá de xogo en rede local

luns, 22 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Os encontros informáticos con partidas en rede local cada vez o teñen máis difícil ante o control que os desenvolvedores de videoxogos queren manter sobre os seus produtos, cada vez máis dependentes de servidores centralizados na Internet e impedindo o seu uso en grupo de xeito privado, e tras as críticas á ausencia dun modo de xogo en rede local en xogo coma Modern Warfare 2 e StarCraft 2, agora confírmase que Command & Conquer 4: Tiberian Twilight carecerá de xogo LAN e de soporte en servidores dedicados, polo que o xogo en rede con este título estará centralizado nun servidor de Electronic Arts.
Dende a compañía venden este paso como unha vantaxe, xa que aseguran que así un xogador pode abrir o seu perfil de usuario en calquera equipo ou lugar para xogar conservando os seus progresos, pero ese argumento dificilmente convencerá aos que gusten de competicións e enfrontamentos en cibercafés e encontros coma o Xuventude Galicia Net ou a Arroutada Party.

PUBLICIDADE