Commodore volve coma un ordenador integrado nun teclado
xoves, 18 de marzo do 2010
A mediados dos anos 80 os ordenadores domésticos Commodore 64 foron todo un
referente, conseguindo colocar uns 17 millóns de unidades no seu ciclo de vida,
dando lugar a unha familia de equipos que chegou ao seu teito cos Commodore
Amiga, ordenadores que competÃan na súa época cos Atari ST, os Apple e os IBM
PC, e que estiveron á venda ata 1994, cando Commodore acolleuse á bancarrota, de
aà que agora sorprenda que intente recuperar esta mÃtica marca, e agárdase que
para primeiros de xuño chegue ao mercado norteamericano un novo
equipo baixo a marca de Commodore, que o único que teñen en común cos
vellos ordenadores é o concepto de ordenador integrado no teclado.
O novo ordenador de Commodore
funciona cunha placa Intel G32 Express, un procesador Intel Core 2 Duo ou Core
2 Quad, ata 4 Gb de RAM, disco duro de entre 160 Gb e 2 Tb de capacidade (doado
de actualizar), tarxeta gráfica Intel Graphics Media Accelerator 3100, Gigabit
Ethernet, tarxeta de audio Realtek AL888 con capacidades para son envolvente Dolby
Digital 5.1, 4 portos USB, 2 portos serie, 1 porto paralelo, 1 porto PS2 para
rato e outro para teclado, touchpad de Synaptic con funcións multitáctiles,
unidade óptica (CD ou DVD), conexión para dúas pantallas e opción para integrar
conectividade Wi-Fi.