Como vender en Internet, ao detalle nunha xornada da Cámara de Santiago

martes, 14 de novembro do 2023 S. P.

A Cámara de Comercio de Santiago organiza este mes de novembro unha xornada formativa sobre as cousas que podemos facer para incrementar a rendibilidade e a competitividade do noso negocio a través da Rede. A xornada Os segredos da venda online mostraranos as claves da mercadotecnia dixital e dos sistemas de comercialización que podemos atopar en Internet. Celebrarase o vindeiro 21 de novembro en formato online e en horario de 10:00 a 12:00 horas.
Segundo informa a Cámara de Santiago, os obxectivos son “explicar de forma sinxela todas as claves e procesos para converter un negocio tradicional ao mercado en liña sen morrer na tentativa”. A maiores porase o foco en cales son os sistemas de venda en liña máis simples e accesíbeis e como funcionan. A xornada está dirixida a persoas autónomas, microempresas, pequenas e medianas empresas (peme) e persoas emprendedoras do sector comercial retallista. Trátase dunha xornada gratuíta e en formato online.

PUBLICIDADE