Como vender por Internet será a temática dunha nova xornada da Cámara de Santiago

mércores, 18 de maio do 2022 S. P.

A Cámara de Comercio de Santiago organiza este 24 de maio unha nova xornada tecnolóxica para axudarnos nos nosos procesos de transformación: a xornada Como vender por Internet? Ferramentas e estratexias. Desenvolverase na sede da entidade en horario de 10 a 11.15 horas. O plan do día incluirá a presentación da Oficina Acelera Peme (impulsada pola Cámara e Red.es) e recursos prácticos que aplicar para levar a cabo a nosa actividade comercial e de vendas online.
Asemade, abordaranse cuestións como a dixitalización das empresas, as redes sociais, a xestión de clientes (CRM), o posicionamento en Internet ou como levar a cabo a cabo un campaña de mercadotecnia en liña. A persoa encargada de impartir a xornada será Adán López Rial,director de Proxectos TIC de Esquío Ingeniería.

PUBLICIDADE