Completan a produción de Namco Museum: Virtual Arcade para Xbox 360
luns, 27 de outubro do 2008
Os xogos clásicos
dos salóns recreativos de Namco Bandai, pese a ser produtos da década dos 80, continúan
a ser moi aditivos e contan cun factor nostálxico que lles garante unha
comercialización constante, e mentres en abril chegan Namco
Museum DS ás tendas españolas (recompilando nun único cartucho 8
xogo da compañÃa) e un xogo semellante para a Wii, para
o mes que vén anuncian o lanzamento de Namco
Museum: Virtual Arcade para Xbox 360, que en vez de
achegar vellos xogos mediante descargas do Bazar de Xbox LIVE, os recompila nun
único DVD para unha distribución máis ampla.
O novo tÃtulo incluirá xogos como Super Pac-Man, Galaga Legions, Mappy, Metro-Cross,
Pole Position, Rally-X, Sky Kid, Rolling Thunder e asà ata sumar máis de 30
xogos, que sen dúbida serán do agrado os afeccionados aos xogos arcade, xénero que parece en vÃas de
extinción, deixando paso a un tipo de xogos de acción máis doados, que non
están orientados a partidas rápidas.