Completan a tradución de Chrome OS ao galego

luns, 27 de decembro do 2010 Marcus Fernández

Dende o Proxecto Trasno veñen de dar conta dun importante avance na galeguización do navegador web Chromium e do sistema operativo Chrome OS, estando esta última plataforma dispoñible xa tanto en galego coma en éuscaro dende o pasado 19 de decembro, converténdose xunto co chinés nos primeiros idiomas en teren traducidos todos os ficheiros ao 100%.
A tradución ao galego comezou con certa desvantaxe con respecto a outras traducións (que xa tiñan traducido o navegador web, de xeito que só lles restaba o 40,25% de Chrome OS por traducir) polo que o esforzo que tiveron que facer os 22 tradutores voluntarios detrás deste traballo que botou a andar o pasado día 9.

PUBLICIDADE