Compostela Monumental achega 30 novos cursos para capacitar dixitalmente a pemes, autónomos e traballadores

luns, 22 de febreiro do 2021 Redacción

Imaxe de arquivo dun dos cursos formativos desenvolvidos na sede de Compostela Monumental

A Asociación de Comerciantes e Empresarios Compostela Monumental levará a cabo ao longo de todo este mes de marzo un total de 30 cursos para autónomos e traballadores na modalidade de teleformación. Unha parte importante destas actividades formativas aborda a temática das novas tecnoloxías dende diversas perspectivas, por exemplo os negocios en Internet, o ecommerce ou a posta en marcha e mantemento de páxinas web. Son contidos moi axeitados para avanzarmos en empregabilidade, capacitación e transformación.
O obxectivo da entidade con este novo programa de cursos é “ir formando aos autónomos e aos seus traballadores nun momento moi delicado por culpa do COVID-19 e os distintos peches perimetrais”.
As actividades, de distintas temáticas de interese para varios gremios e sectores comerciais e empresariais, levaranse a cabo na modalidade online para “evitar calquera tipo de risco de contaxio” e ao mesmo tempo “facilitar ás persoas autónomas e ás súas traballadoras e traballadores unha fórmula que lles permita adquirir os coñecementos que consideren oportunos e dun modo compatíbel co seu quefacer cotián”.
Segundo informou José Manuel Bello, presidente de Compostela Monumental, “pensamos que nestes momentos é a mellor opción que temos para iniciar calquera acción formativa, incluso aproveitando por desgraza eses tempos mortos que estamos a ter por culpa do descenso de carga de traballo ou afluencia de clientes por mor da pandemia”.
Quen queira participar nalgún deste cursos debe inscribirse a través da web de APE Galicia.
Para calquera tipo de dúbidas ou consultas está operativa a conta de correo info@apegalicia.es ou chamando ao teléfono 986.891657.
Este é o programa formativo do mes de marzo:
.- Negocios Online e Comercio Electrónico. 24/03/21 ao 15/05/21.
.- Comercio Electrónico e Estratexias de Servizos. 24/03/21 ao 15/05/21.
.- Negocios Online e Comercio Electrónico. 23/03/21 ao 13/05/21.
.- Comercio Electrónico e Estratexias de Servizos. 23/03/21 ao 13/05/21.
.- Negocios Online e Comercio Electrónico. 24/03/21 ao 15/05/21.
.- Comercio Electrónico e Estratexias de Servizos. 24/03/21 ao 15/05/21.
.- Estratexias de Servizos: Calidade e Orientación ao Cliente. 16/03/21 ao 18/05/21.
.- Comercio Electrónico e Estratexias de Servizos. 23/03/21 ao 13/05/21.
.- Negocios Online e Comercio Electrónico. 24/03/21 ao 15/05/21.
.- Comercio Electrónico e Estratexias de Servizos. 16/03/21 ao 18/05/21.
.- Creación, Programación e Deseño de Páxinas Web. 11/03/21 ao 21/04/21.
.- Innovación e Páxinas Web. 11/03/21 ao 21/04/21.
.- Creación, Programación e Deseño de Páxinas Web. 8/03/21 ao 9/04/21.
.- Innovación e Páxinas Web. 8/03/21 ao 9/04/21.
.- Xestión Integral de Pemes. 16/03/21 ao 19/04/21.
.- Creación En liña e Xestión de Pemes. 16/03/21 ao 19/04/21.
.- Xestión Integral de Pemes. 17/03/21 ao 20/04/21.
.- Creación En liña e Xestión de Pemes. 17/03/21 ao 20/04/21.
.- Habilidades Directivas e Xestión Comercial. 26/03/21 ao 29/04/21
.- Habilidades Directivas e Xestión Comercial. 4/03/21 ao 14/04/21.
.- Habilidades Directivas e Xestión Comercial. 3/03/21 ao 13/04/21
.- Habilidades Directivas e Xestión Comercial. 4/03/21 ao 14/04/21.
.- Xestión Comercial e de Vendas en Microempresas. 26/03/21 ao 29/04/21.
.- Xestión Comercial e de Vendas en Microempresas. 4/03/21 ao 14/04/21.
.- Xestión Comercial e de Vendas en Microempresas. 3/03/21 ao 13/04/21.
.- Xestión Comercial e de Vendas en Microempresas. 4/03/21 ao 14/04/21.
.- Telemarketing e Excel Avanzado. 4/03/21 ao 15/03/21.
.- Dirección, Xestión e Planificación do Equipo Comercial. 3/03/21 ao 24/03/21.
.- Selección en Internet, Xestión do Tempo e Branqueo de Capitais. 2/03/21 ao 17/03/21.

PUBLICIDADE