Compostela Monumental achega cursos de formación tecnolóxica para comercio, hostalerÃa e turismo
luns, 1 de xullo do 2024
A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental e APE Galicia van organizar cursos de formación gratuÃta online para o comercio, a hostalerÃa e o turismo. Trátase dunha serie de actividades de capacitación destinadas a axudar ás empresas e ás persoas autónomas e profesionais a seren máis competitivas e rendÃbeis. Tamén, a incrementar a súa empregabilidade.
O programa inclúe tres cursos de informática orientados a mellorar o coñecemento das persoas asistentes no dominio das ferramentas informáticas esenciais para optimizar o seu traballo e mellorar a túa produtividade. Trátase dos cursos Aplicacións informáticas Ofimática (Office 2016), de 50 horas de duración; o curso Programas de contabilidade, de 30 horas; e o curso Venda online, de 30 horas.
Tamén haberá outras formacións sobre transformación dixital e cursos de hostalerÃa e turismo para achegar as competencias necesarias que garantan o éxito no sector: o curso Inglés profesional para servizos de restauración (60 horas), o curso Técnicas de información e atención ao cliente/consumidor (60 horas) e o curso Técnicas de servizo de alimentos e bebidas en barra e mesa (60 horas).
Os cursos van dirixidos a persoas traballadoras por conta allea e autónomas de calquera sector que desexen actualizar os seus coñecementos, mellorar as súas habilidades e aumentar as súas oportunidades laborais.
Vantaxes dos cursos
Actualización de coñecementos e habilidades nun sector en constante evolución.
Mellora da empregabilidade e as oportunidades de promoción profesional.
Fortalecemento das competencias dixitais, cada vez máis demandadas polas empresas.
Oportunidade de especialización en áreas de gran interese para o mercado laboral.
Quen precise máis información tena ao seu dispor na páxina web de Compostela Monumental.