Compostela Monumental achega formación en TIC, redes sociais e marca persoal

mércores, 13 de outubro do 2021 S. P.

A Asociación de Comerciantes e Empresarios Compostela Monumental anunciou que levará a cabo, a partir deste 18 de outubro, unha actividade formativa directamente encamiñada a favorecer a empregabilidade a través da formación tecnolóxico-dixital. O curso TIC, redes sociais e marca persoal celebrarase por medio da aula en liña da asociación, a Aula Compostela Monumental.
Esta acción formativa do Programa Integrado de Emprego que organizan conxuntamente a patronal do centro histórico e a Dirección Xeral de Formación e Colocación da Xunta de Galicia prolongarase até o día 29 de outubro cos seguintes contidos:
Módulo 1. Redes sociais: tipos, características e usos.
Módulo 2. A procura de emprego a través do TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) e as redes sociais.
Módulo 3. Xestión da marca persoal nas redes.
En total son 15 horas de formación en liña para os/as integrantes do Programa Integrado de Emprego de Compostela Monumental 2020/2021.

PUBLICIDADE