Compostela Monumental formou a 100 mulleres no uso de aplicacións móbiles para o eido laboral

mércores, 22 de marzo do 2023 S. P.

A Asociación de Comerciantes, Empresarios e Profesionais CCA Compostela Monumental clausurou o curso Uso de Aplicacións Móbiles no Ámbito Laboral do seu Programa Integrado de Emprego. Nel participaron máis de 100 alumnas desempregadas que foron formadas, orientadas, asesoradas na dita materia tecnolóxica e ás que os comerciantes da zona histórica buscan traballo nos sectores do comercio, lecer e servizos.
Segundo informa Compostela Monumental, o obxectivo do curso “foi conseguido”, xa “que as participantes aprenderon e foron capaces de desenvolverse dentro do sector e adquirir os coñecementos teórico-prácticos necesarios para poder utilizar aplicacións dixitais de calendario, axenda e correo electrónico que se usan cos dispositivos móbiles”.
Foron en total de 12 horas formativas online, impartidas por Recursos Galicia, que puideron desenvolverse grazas ao apoio da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, por medio da Dirección Xeral de Formación e Colocación.

PUBLICIDADE