Compostela acolle a OlimpÃada Informática Galega 2025
xoves, 13 de febreiro do 2025
O vindeiro sábado, 15 de febreiro, a Escola Técnica Superior de EnxeñarÃa da USC, en horario de 10 a 14:30 horas, acollerá a OlimpÃada Informática Galega 2025 (OIG 2025). Detrás deste encontro atópase o Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coas tres universidades galegas –Universidade de Vigo (UVigo), Universidade da Coruña (UDC) e Universidade de Santiago (USC)–, co apoio da Facultade de Informática da Coruña da UDC e da Escola Superior de EnxeñarÃa Informática da UVigo. Engadir que a organización da OIG pechou a inscrición do certame con 18 participantes.
O programa da xornada é o seguinte:
- 10 horas: Recepción dos e das estudantes e acceso ás aulas.
- 10:15 horas: Benvida por parte do comité organizador e presentación da OlimpÃada.
Intervirán o presidente do CPEIG, Fernando Suárez; o subdirector da Escola Técnica Superior de EnxeñarÃa da USC, Juan Carlos Vidal; o coordinador do Grao de EnxeñarÃa Informática da USC, Jorge Alberto Suárez; e o secretario do Departamento de Electrónica e Computación da USC, Juan Carlos Pichel.
- 10:45 horas: Entrega de credenciais de usuario/a e conexión á contorna de desenvolvemento da proba.
- 11 horas: Comezo da proba.
- 14 horas: Fin da proba.
- 14:15 horas: Acto de clausura, incluÃndo a resolución do xurado.
Cómpre dicir que se inscribiron estudantes de entre 15 e 18 anos procedentes de 9 centros da
comunidade galega: naturais da Coruña (1 participante), de Vigo (1), de Ribeira (1), de Santiago de Compostela (6), de Brión (2), de Negreira (2), de Burela (1), do Porriño (2), de Redondela (1) e de Vedra (1).
A finalidade desta OlimpÃada Informática Galega 2025, encamiñada a estudantes de secundaria (ESO), Bacharelato e ciclos formativos de grao medio, é a promoción do coñecemento e das vocacións da Informática como disciplina.
Indo á competición, sinalar que consistirá na resolución de seis problemas nun prazo de tres horas. Cada problema deberá resolverse empregando unha linguaxe de programación que permita automatizar a súa resolución. Na OIG permÃtese o uso de C++, Python ou Java. Os problemas da olimpÃada adoitan centrarse no deseño correcto e eficiente de algoritmos.
A olimpÃada está habitualmente patrocinada por diversas entidades e empresas do sector TIC. Nesta edición colaboran: Apser Cloud Services, AWS, Clúster TIC Galicia, Denodo, Dinahosting, DXC Technology, PuntoGal, GDI, Mindata, Minsait, NTT Data, Oracle, Sixtema e Veritas. Grazas a estas entidades patrocinadoras, haberá premios adicionais para os seguintes postos na clasificación, amais de para a mellor programadora feminina e para a/o mellor participante da ESO.
Para rematar, informar que a OIG permitirá seleccionar a dous representantes galegos para participar na XXIX OlimpÃada Informática Española (OIE), que se celebrará do 4 ao 6 de abril de 2025 na Facultade de Informática da Universidade da Coruña (primeira vez que a olimpÃada española se celebra en Galicia) evento que tamén contará coa colaboración do CPEIG para a súa organización. Da OIE, os gañadores e gañadoras poderán acceder á OlimpÃada Informática Internacional, que se celebrará do 27 de xullo ao 3 de agosto en La Paz (Bolivia).