Compostela acolle o 16ª edición do Seminario Nacional ESTALMAT
venres, 12 de abril do 2024
A directora xeral de Ordenación e innovación educativa, Judith Fernández, participou hoxe no Encontro Nacional ESTALMAT, celebrado na Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), cita que xunta docentes de Matemáticas de toda España, que buscan reforzar a vocación STEM do alumnado e afondar na importancia desta ciencia no mundo contemporáneo.
A representante da ConsellerÃa de Cultura, Educación, FP e Universidades fixo fincapé na importancia de concienciar os alumnos sobre o valor real das matemáticas e a súa influencia ante os desafÃos actuais en eidos como a Intelixencia Artificial, o desenvolvemento sustentable ou a enerxÃa.
«O contexto de transformación social e tecnolóxica esixirá dunha profesionalización inmediata das competencias STEM, polo que debemos afondar nas súas posibilidades e ofrecer un valor engadido que marque a diferenza e permita sacar o máximo partido posible ao coñecemento adquirido», explicou a directora xeral.