Compostela acolleu unha nova xuntanza da rede ILENIA
xoves, 20 de febreiro do 2025
A primeiros de semana a Cidade da Cultura acolleu a primeira xuntanza técnica de traballo de 2025 do proxecto de Impulso das Linguas na Intelixencia Artificial (ILENIA) cos grupos que integran a rede, entre os que se atopa o Proxecto Nós.
O obxectivo principal do encontro, que tivo lugar os dÃas 17 e 18 de febreiro e no que participaron máis de 30 profesionais, foi poñer en común o estado dos casos de uso -a meirande parte deles multilingües- que se están a desenvolver baixo o paraugas de ILENIA. Desta rede forman parte o Consorcio Barcelona Supercomputing Center-Centro Nacional de Supercomputación (BSN-CNS), a Universidade de Alacante a través do Centro de Intelixencia Dixital (CENID), a Universidade do PaÃs Vasco a través do Centro Vasco de TecnoloxÃa da Lingua (HiTZ) e a Universidade de Santiago de Compostela a través do Centro Singular de Investigación en TecnoloxÃas Intelixentes (CiTIUS) e do Instituto da Lingua Galega (ILG). Por parte destas dúas entidades, asistiron, respectivamente, Senén Barro e Elisa Fernández.
Da xuntanza de coordinación entre os distintos centros de investigación despréndese a intención de que os casos de uso (tamén coñecidos coma demostradores) que se están a desenvolver poidan estar operativos este mesmo ano, coincidindo coa última anualidade do proxecto, financiado polo Ministerio de Transformación Dixital e polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea - Next Generation.
O vindeiro encontro presencial da rede ILENIA (que se celebran de xeito trimestral desde a posta en marcha do proxecto, mentres que os centros de investigación traballan de forma coordinada na distancia) celebrarase en maio en Alacante.