Compostela acolleu unha xuntanza de expertos en IA para o seu uso na Administración autonómica
martes, 2 de abril do 2024
Este martes 2 de abril tiña lugar na compostelá Cidade da Cultura a segunda reunión da Comisión de Expertos para o Desenvolvemento e Uso Ético da Intelixencia Artificial (IA) en Galicia. O obxectivo deste encontro é avanzar no debate sobre os contidos do proxecto de Lei para o desenvolvemento e impulso da Intelixencia Artificial en Galicia, que se atopa actualmente en elaboración. Asemade, buscouse coñecer a opinión dos expertos sobre as posÃbeis alternativas para a xestión e seguimento da implantación desta tecnoloxÃa na Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia. A regulación sobre a identificación, desenvolvemento e introdución desta tecnoloxÃa na Xunta protagonizou o segundo gran bloque da lei que está en fase de elaboración, e que converterá a Galicia na primeira rexión europea en dispor dunha regulación especÃfica sobre IA.
Emporiso, na súa primeira reunión, celebrada en xaneiro, a Comisión analizou os principios éticos e
xurÃdicos que deberán fundamentar a nova lexislación, entre os que se atopan os de transparencia, claridade, imparcialidade e ausencia de nesgos, reserva de humanidade e revisión humana, precaución ou avaliación no impacto nas persoas, na sociedade e no medio ambiente. Alén disto, tamén se analizaron os dereitos da cidadanÃa, asà como os mecanismos que a lei debe prever para garantilos.
Cómpre engadir que amais da implantación e uso da IA, a lei tamén regulará o establecemento de medidas para o impulso desta tecnoloxÃa nas empresas, como axudas, bonificacións ou incentivos.
Unha das metas para a creación da Comisión de Expertos foi o compromiso da Xunta de aprobar nesta lexislatura a normativa precisa para facilitar a incorporación de tecnoloxÃas de alto impacto, tanto no sector público como nos diferentes sectores económicos. Engadir que a comisión está formada por dez persoas expertas en diferentes eidos, como a economÃa, a filosofÃa e evolución humana, a tecnoloxÃa aplicada, a ética e normativa ou a polÃtica pública.
Informar que a Comisión de Expertos para o Desenvolvemento e Uso Ético da Intelixencia Artificial en Galicia foi creada polo Goberno galego a finais de 2023 e está presidida polo director da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), Julián Cerviño. AsÃ, entre as funcións da Comisión salientan a elaboración de recomendacións e asesoramento sobre o desenvolvemento e o uso ético da IA en Galicia; asesoramento para impulsar accións formativas e de sensibilización en IA (dirixidas a empresas, administración pública e cidadáns); a formulación de propostas sobre a Estratexia Galega de Intelixencia Artificial 2030, co obxectivo de adaptar as súas medidas aos novos escenarios; e o asesoramento na avaliación do impacto da IA nos diferentes sectores produtivos de Galicia, Administración Pública e sociedade.