Computing premia a Caixanova pola renovación da súa web (que segue sen ofrecer versión en galego)

xoves, 1 de febreiro do 2007 Fernando Sarasketa

O portal web e a intranet de Caixanova veñen de recibir o Premio Computing España 2007 na categoría de E-business. Os motivos deste recoñecemento, segundo apunta o semanario que fai entrega do galardón, teñen que ver sobre todo coa renovación da entidade financeira na Internet e da potenciación da intrenet, “que favorece as comunicacións cos empregados”. O premio entregouse este mércores 31 nun acto en Madrid organizado pola dita publicación e foi recollido por Óscar Rodríguez Estrada, director da División de Medios de Caixanova. A web da entidade financeira galega (que, por certo, segue sen ofrecer versión dos contidos na nosa lingua, a lingua dunha boa parte dos seus clientes) e máis a rede interna puxéronse en marcha na primavera pasada. O desenvolvemento destas ferramentas en liña basesouse nunha plataforma de xestión de contidos con tecnoloxía FatWire Content Server, que libera ó equipo da empresa da depedencia de personal técnico para a publicación de contidos. Empregáronse sistemas Unix, con Oracle como motor de base de datos.

PUBLICIDADE