Comscore destaca o peso dos contidos creados por influentes en redes sociais
venres, 11 de xullo do 2025
O contido creado por influentes representou o 36 % de todas as interaccións dos usuarios nas principais redes sociais a nivel global durante abril de 2025, segundo revela o informe El Efecto Influencer elaborado por Comscore. O estudo analiza o papel dos creadores de contido, tanto humanos como virtuais, e destaca a súa capacidade para xerar engagement e conectar audiencias en plataformas como Instagram, TikTok, Facebook e X.
Os principais nomes a nivel español varÃan segundo a plataforma: en X, dominan figuras como Georgina RodrÃguez, Sergio Ramos e Ibai; mentres que en TikTok destacan Fabiana Sevillano, Ibai e a creadora Jonata26. En YouTube e Twitch, Rubius e IlloJuan sitúanse á cabeza en visualizacións.
O informe tamén pon o foco nas métricas que marcan a diferenza entre a popularidade e a verdadeira influencia: o engagement, o sentimento das interaccións e o momento da publicación. Por exemplo, as tardes e as noites son os horarios máis eficaces para publicar en Instagram e Facebook, mentres que en X destacan as franxas de mediodÃa e a última hora da noite.
Ademais, Comscore dedica unha sección ao crecemento dos chamados influentes virtuais, creados mediante intelixencia artificial. Estes personaxes dixitais, como Lil Miquela ou a española Aitana López, ofrecen vantaxes como o control da narrativa e a capacidade de operar en múltiples mercados sen limitacións fÃsicas, converténdose en embaixadores dixitais cada vez máis demandados por marcas.
O documento conclúe advertindo que «apostar por unha soa rede social xa non vale» e que é necesario ter unha visión transversal de todas as plataformas. Os influentes, segundo Comscore, deixaron de ser un complemento para pasar a ser un canal clave no mix de medios das campañas dixitais.
