Concello Dixital arranca a post-transformación dixital nos concellos de Curtis, Irixoa e Vedra
luns, 6 de novembro do 2023
A
Deputación da Coruña informou de que o seu Equipo de Transformación
de Concello Dixital atópase actualmente traballando xa coas
entidades na análise da súa evolución desde que remataron o seu
proceso de transformación, no que respecta ao grao de uso das
melloras implantadas. Trátase
dos concellos de Curtis, Irixoa e Vedra.
O
devandito complementarase cun plan de formación transversal en
xestión do cambio, liderado e atención á cidadanÃa, e cunhas
sesións especÃficas orientadas ás necesidades detectadas e á
capacitación en novas funcionalidades da plataforma de tramitación.
En
palabras da institución provincial, este plan de acción
personalizado para cada concello ten unha duración de tres meses e
contempla un sistema de seguimento de melloras e a revisión das
competencias dixitais das traballadoras e dos traballadores
municipais, e un plan de formación.
O
proceso de post-transformación responde ao compromiso adquirido pola
Deputación da Coruña coas entidades locais de realizar un
acompañamento continuo no tránsito á súa dixitalización plena, e
de fomentar a transferencia de coñecemento entre concellos.
Precisamente, Curtis, Irixoa e Vedra iniciaron a súa transformación
a finais do ano 2021 como concellos piloto do proxecto Concello
Dixital, experiencias nas que se basearon as follas de ruta para o
resto dos concellos participantes no proxecto que segue a sumar
entidades, cun total de 83 na actualidade.