Concentrador USB con conectividade Wi-Fi de IOGEAR
venres, 5 de agosto do 2011
Para facilitar o
uso de dispositivos USB como impresoras, webcams ou discos duros externos entre
varios equipos informáticos IOGEAR comercializa por 99,95 dólares (70,66 euros)
a súa Wireless 4-Port USB
Sharing Station, un concentrador de 4 portos USB 2.0 (compatible con USB
1.1) que goza dun porto Fast Ethernet e de Wi-Fi para poder conectalos á nosa
rede de área local (ideal para o fogar ou para pequenas oficinas).
Deste xeito, é posible conectar unha impresora, un disco duro externo,
altofalantes USB, webcams, unidades de memoria, lectores de tarxetas de memoria
ou scanners, aos que poder acceder de xeito remoto dende varios equipos, polo
que xa non teremos que ter o ordenador preto dos periféricos para o seu uso, á
vez que podemos acceder aos datos dun disco duro dende varios ordenadores ou
imprimir dende distintos equipos, o que supón tanto un aforro en equipamentos
como de espazo e enerxía.
Actualmente xa hai moitos dispositivos que gozan de conectividade Wi-Fi, pero
teñen un prezo superior á dos modelos sen a mesma, polo que no caso de precisar
de conectar máis dun periférico a través de redes sen fíos esta solución de
IOGEAR sería ideal.
- O dispositivo conta con 3 portos USB 2.0 traseiros e 1 porto USB dianteiro