Condenan ao fundador de FTX a pasar 25 anos nunha prisión federal
luns, 1 de abril do 2024
A que no seu dÃa foi unha das principais plataformas de intercambio de criptomoedas a nivel mundial, FTX, declarouse en bancarrota, resultando imposible o seu rescate tras emerxer evidencias de fraude que levaron á perda de máis de 8 mil millóns de dólares dos clientes da compañÃa.
Iso levou a que o máximo responsable da empresa, Sam Bankman-Fried, figura elevada polos medios de comunicación como un exemplo de emprendemento ao ter superado os mil millóns de dólares con 30 anos de idade, rematou sendo acusado, confirmándose finalmente unha condena de 25 anos de prisión federal e a pagar máis de 11 mil millóns de dólares polos distintos cargos de fraude e lavado de capitais.
Inicialmente falábase dunha condena de até 110 anos de prisión, aÃnda que finalmente a fiscalÃa pediu entre 40 e 50 anos, que quedaron en 25. AÃnda que a pena de prisión non foi todo o elevada que podÃa esperarse, quedou moi lonxe das pretensións de Bankman-Fried, que confiaba en que callase o seu discurso de inocencia (negando que pretendese defraudar) e o seu propósito de emenda (xa que aseguraba ter a intención de devolver os cartos defraudados).
ConfÃan en que a sentenza sexa unha mensaxe para todo o sector das criptomoedas, que están a operar sen control, o que non impide que os seus responsables teñan que responder ante a Xustiza se abusan dos seus clientes.