Condenan ao xaponés reponsable dunha web de descarga de xogos para Nintendo DS

mércores, 5 de agosto do 2009

O xaponés Yoshiaki Asagiri vén de ser condenado a 2 anos e medio de cadea e a unha multa de 2 millóns de iens (14.560 euros) e unha sanción adicional de 7.135.450 iens (51.946 euros) por violación de copyright ao publicar nunha páxina web máis de mil copias de videoxogos para a Nintendo DS.
Asagiri non pirateaba só xogos, senón que tamén vendía falsificacións de marcas coma Chanel e Louis Vuitton.

PUBLICIDADE