Confirman que Instagram dá maior calidade de imaxe aos contidos máis populares
luns, 28 de outubro do 2024
Non é a primeira vez que cando queremos ver un vÃdeo en redes sociais atopamos unha reprodución cunha calidade realmente lamentable, facéndonos pensar que temos algún problema de conexión, pero o máximo responsable de Instagram, Adam Mosseri, vén de confirmar que é unha práctica habitual en plataformas sociais como a súa.
Respondendo a unha consulta doutro usuario, Mosseri asegurou que, aÃnda que normalmente procuran entregar os vÃdeos coa máxima calidade posible, segundo os vÃdeos se fan vellos e perden reproducións son substituÃdos por versións de baixa calidade, agás que recuperen popularidade, caso no que volverÃa codificarse para unha maior calidade de reprodución.
Mosseri tamén confirmou que os creadores que captan máis reproducións teñen prioridade, de xeito que a plataforma achégalles tanto máis capacidade de procesamento como máis espazo almacenamento, co que buscan principalmente contentar aos creadores, non tanto aos usuarios, pois asegura que estes prestan máis atención aos contidos en si que á calidade coa que se codifican, aÃnda que os pequenos creadores poderÃan considerar inxusto que os seus contidos se vexan peor que o dos creadores máis populares.