Confirman que Microsoft está a desenvolver un pequeno dispositivo para gozar do xogo na nube
venres, 27 de maio do 2022- Imaxe publicada en 4chan sobre como poderÃa ser o produto no que está a traballar Microsoft
Levamos un tempo co sistema de xogo na nube de Xbox
mellorando e chegando a novas plataformas, de xeito que actualmente pode
gozarse dende consolas, ordenadores e dispositivos móbiles, quedando como asignatura
pendente os televisores, dispositivos que poderÃan ser chave para facer
realidade o concepto de consola sen consola, para o que confÃase en que
algúns televisores de alta gama vaian contar con aplicacións para acceder ao
xogo en streaming de Microsoft (como xa fan coas tecnoloxÃas de Stadia e nVIDIA),
aÃnda que como solución máis xeral temos que dende
Windows Central confirman que baixo o nome clave Keystone están a traballar nun
dispositivo HDMI que permitirá gozar do xogo na nube de Xbox directamente.
Un voceiro de Microsoft terÃa recoñecido que estaban a traballar no produto,
aÃnda que non estarÃa maduro dabondo para ver a luz. Apunta a que con Xbox Cloud
Gaming queren levar os xogos ao público con independencia do dispositivo que
empreguen, e para facer máis doado o xogo en televisores e monitores preparan
un pequeno e económico dispositivo que poida ocupar as funcións dunha consola de
videoxogos, aÃnda que os xogos e o hardware que os moven estarÃan realmente en
servidores na Rede, de xeito que o trebello actuarÃa como saÃda de vÃdeo e como
ponte para conectar o mando co que se controle a acción, na liña de como farÃa
Stadia con Chromecast Ultra.