Conseguen nunha tenda un Google Pixel 3 XL dÃas antes da súa presentación
luns, 8 de outubro do 2018
Está
previsto que mañá se presenten oficialmente os novos smartphones da familia
Pixel de Google, pero este acto oficial non parece que vaia ter moito interese,
pois levamos meses con filtracións do produto que deixan moi pouca marxe para a
sorpresa, especialmente despois de que durante a fin de semana dende
Engadget conseguisen un Google Pixel 3 XL a través dunha tenda de Hong Kong.
Aseguran que o novo smartphone ten unha construción robusta, que inclúe na súa
caixa uns auriculares USB-C, un adaptador de USB-C a conector de 3,5
milÃmetros, un cable USB-C a USB-C, un adaptador USB-C a USB-A e un adaptador
de corrente USB-C de 18 watts.
O móbil probado presenta unha pantalla de 6,3 polgadas cunha resolución de
2.960 x 1.440 pÃxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 845, 4 GB de RAM, 128 GB
de almacenamento interno, cámara traseira de 12,2 MpÃxeles (capaz de gravar vÃdeo
4K até 30 imaxes por segundo), cámara frontal de 8 MpÃxeles (capaz de gravar
vÃdeo Full HD) e unha baterÃa de 3.430 mAh. E como é de esperar, o terminal
funciona con Android 9.
AÃnda que sempre é difÃcil saber se este tipo de filtración é verÃdica, semella
que estamos ante un produto real, que axustarÃase aos rumores dos últimos
meses, e confirmarÃa a liña continuista de Google, que continúa a empeñarse en
dotar aos seus smartphones de referencia de cámaras duais, conseguindo uns resultados
magnÃficos cunha configuración máis sinxela que a da competencia.
- Ao conseguirse o terminal nunha tenda, non só confÃrmanse as súas especificacións técnicas, senón tamén os elementos que inclúe na súa caixa