Conseguen vulnerar a seguridade da PlayStation 5
luns, 3 de outubro do 2022
- O fallo de seguride explotado nos últimos dÃas permite incluso a instalación de software na PS5
Nos últimos meses a escena ao redor das consolas PlayStation
estivo moi activa por mor de distintas vulnerabilidades que facilitaban a
execución de software non asinado na PlayStation 4 e tamén de xogos pirateados,
coa vista posta na PlayStation 5 e, finalmente, o esforzo que realizaban veuse
recompensado e están a celebrar que conseguiron
vulnerar a seguridade da PlayStation 5 até o punto de poder instalar software.
O jailbreak da PlayStation 5 aÃnda está nunha fase inmatura, pero se
temos en conta que para PS3 e PS4 é posible instalar software caseiro e
xogos non oficiais, o panorama para a PlayStation 5 resulta preocupante,
xa que estamos ante unha consola que aÃnda está emerxendo, resultando incluso
difÃcil atopar unidades para a súa compra, e que xa teña enriba a sombra dunha
posible piraterÃa pode obrigar a Sony a tomar medidas moi drásticas para evitar
que continúen a avanzar as técnicas que permiten vulnerar a seguridade da consola.
Polo momento non fixeron públicos os detalles que permite realizar o jailbreak
da PlayStation 5, pero semella que será algo que nos vindeiros dÃas terá grande
repercusión dentro da comunidade, aÃnda que parece ser que a vulnerabilidade explotada
corresponderÃa a un fallo no navegador da PS5 que só estarÃa presente en consolas
sen actualizar, ou sexa, que o alcance da vulnerabilidade serÃa un tanto
limitado, xa que as consolas que se vendan no futuro estarÃan libres do exploit
e a meirande parte das actuais estarÃa actualizadas.
Probablemente o máis preocupante da situación actual é que os membros da escena
que anda a analizar o funcionamento da seguridade da PS5 teñen agora un control
moi grande da máquina, recollendo información moi útil de cara a futuras vulnerabilidades
explotables.