ConstituÃda a Sociedade Xestora da Cidade das TIC
martes, 18 de marzo do 2025
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o reitor da Universidade da Coruña (UDC), Ricardo Cao Abad, formalizaron hoxe a constitución da Sociedade Xestora da Cidade das TIC, un organismo público que marcará a folla de ruta para avanzar no plan de impulso do polo tecnolóxico coruñés, situado nas antigas instalacións da Fábrica de Armas, en Pedralonga.
Tras aprobarse definitivamente en novembro a modificación dos estatutos da Sociedade Xestora, esta mañá concretouse o trámite de escritura pública ante notario, paso fundamental para que o proxecto sexa xa unha realidade. En virtude do acordado entre ambas as partes, o Concello ostenta o 51% da sociedade e a UDC o 49% restante.
Ditos estatutos introduciron cambios clave para reforzar o liderado da Universidade da Coruña na Cidade das TIC. Entre as principais modificacións destaca a inclusión dun sistema de gobernanza que outorga á UDC voto de calidade en todas as decisións relacionadas coa docencia, a investigación e a transferencia de coñecemento.
Tras a sinatura, a alcaldesa puxo en valor os pasos adiante que se están a dar para "afianzar a Cidade das TIC como o que é: un eixe que lle permitirá á Coruña e, en extensión, a toda Galicia, reforzar a súa posición de referencia a nivel europeo en materia de desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos e de dixitalización".
Inés Rey, acompañada hoxe polo concelleiro de EconomÃa e Planificación Estratéxica, José Manuel Lage, destacou tamén a importancia da Cidade das TIC á hora de potenciar o tecido académico e cientÃfico da UDC, facilitando a creación de sinerxÃas e abrindo camiño á colaboración empresarial e inserción laboral, "co impacto positivo que isto terá en termos sociais e económicos para a cidadanÃa".
Pola súa banda, o reitor da UDC, Ricardo Cao, subliñou a importancia deste "novo fito para a Cidade das TIC, un proxecto clave no desenvolvemento da dixitalización e de todo o ecosistema TIC para a cidade e para toda Galicia".
Estrutura da sociedade xestora
A sociedade xestora divÃdese en tres órganos fundamentais: a Xunta Xeral, o Consello de Administración e a Dirección.
Tras a sinatura, nun breve prazo constituirase o Consello de Administración, unha vez que hoxe se designaron os seus membros. Está integrado inicialmente por sete persoas (4 por parte do Concello e tres por parte da Universidade), con opción de ampliarse ata un máximo de doce. O primeiro presidente deste órgano será o reitor da UDC, que desempeñará o cargo durante todo o exercicio do ano 2025; e, a partir de 2026, a presidencia recaerá na persoa titular da AlcaldÃa do Concello da Coruña. Os cargos serán non retribuÃdos e a sociedade non realizará pagamentos por ningún concepto ás persoas que os ostenten.