Constituída a demarcación galega do Colexio de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións
venres, 25 de outubro do 2019
Esta
semana constituíuse
o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicacións de
Galicia, o COETTGA, a nova demarcación do Colexio Oficial de
Enxeñeiros Técnicos de Telecomunicación (COITT), con José
Manuel Martínez Pérez como decano. Coa creación deste novo
colexio, segundo fixeron saber os membros da directiva, “apóstase
pola descentralización das institucións e dos entes representativos
dos profesionais de Enxeñaría de Telecomunicación”.
O
acto contou coa presenza, apoio e colaboración dun importante número
de compañeiros e representantes doutras demarcacións do COITT,
entre os que se atopaban Sebastián Suárez Cano, decano do COITT de
Canarias e responsable da organización territorial do colexio, José
Antonio López Olmedo, presidente de AEGITT, e José Javier Medina,
decano do COITT de Castela A Mancha.
A
cita, tematicamente, xirou arredor da iniciativa +Colexio, segundo
declaracións de Martínez Pérez “un referente de colaboración que engloba a
importancia de sermos un equipo, de manter firme a unidade, a
cooperación e o traballo continúo para a defensa das enxeñeiras e
enxeñeiros técnicos en Telecomunicación, os seus intereses e os da
profesión, co fin de reforzar e impulsar o valor dos seus proxectos
como unha oportunidade de transformación e innovación para a
sociedade”.
Durante
as diferentes intervencións fíxose fincapé na capacitación da
profesión, así como no importante papel que ten na nosa sociedade.
Salientouse tamén “a forza que alcanza a descentralización dos
servizos do COITT cara aos diferentes territorios, contribuíndo así
a dar visibilidade á capacidade e profesionalidade dos ITT das
diferentes Comunidades Autónomas do ámbito estatal, así como aos
proxectos postos en marcha”.
Amais,
fíxose fincapé nun dos grandes cometidos da nova xunta directiva:
dar visibilidade, impulso e proxección ao talento das enxeñeiras e
enxeñeiros de Galicia, así como fomentar a diversificación de
proxectos.
A
andaina do COETTGA arrancará fomentando a a diversificación de
proxectos de tecnoloxía de cadea de bloques (Blockchain), 5G,
Big Data, ciberseguridade, turismo dixital, Internet das
Cousas (IoT), drons e Cidades Intelixentes (Smart Cities).
A xunta directiva está conformada por:
·
José Manuel Martínez Pérez, decano.
·
David Saavedra López, vicedecano.
·
Patricia Agrelo Rivas, secretaria.
·
José Carlos Rodríguez Varela, tesoureiro.
·
Diego Pérez Codeiro, vogal.
·
Sergio Eiriz Rey, vogal.
·
Roberto Oliveira Castro, vogal.
·
Xóse Miguel Pérez Blecua, vogal.
