Continúa a tramitación da Lei de medios públicos
martes, 28 de xaneiro do 2025
Esta mañá o Parlamento de Galicia discutiu o proxecto de Lei de servizos dos medios públicos de comunicación audiovisuais de Galicia, que continúa a súa tramitación despois de que o Partido Popular se valese da súa maiorÃa para desbotar as emendas de totalidade presentadas polo BNG e o PSdeG.
O conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, foi o encargado de defender o texto e a súa tramitación ante fortes crÃticas da oposición, que non ve con bos ollos que se rebaixe o apoio parlamentario necesario para elixir o director xeral da CRTVG (que en terceira votación poderá ser escollido por maiorÃa absoluta, sen precisar da maiorÃa reforzada que se esixe actualmente).
Diego Calvo xustificou a posibilidade de que os medios públicos poidan empregar outras linguas en casos xustificados, como emisión «fóra do territorio de Galicia», asà como tamén destacou a necesidade de reformar a normativa actual para adaptarse ao novo escenario de consumo audiovisual.
Olalla Rodil (BNG) e Silvia Longueira (PSdeG), non consideraron boas as argumentacións do PP e denunciaron que a nova lei o que busca é «tomar por asalto» o control dos medios públicos de Galicia. Rodil denunciou que a Xunta desenvolve esta lei por precisar «unha persoa que siga facendo correa de transmisión do PP» cando marche o actual director da CRTVG, que leva no cargo dende 2009, mentres que Longueira criticou a externalización dos proxectos audiovisuais para garantir que o «diñeiro público flúa cara a mans amigas».
En contraste, a deputada popular Carmen Pomar acusou á oposición de empregar a CRTVG como unha «arma arrozadiza» porque non acoden á Camara para «debater este proxecto, veñen rebentalo».