ContourHD, a cámara para facer gravación subxectivas a 720p
mércores, 29 de abril do 2009
Os amantes dos
deportes de risco que queiran rexistrar as súas aventuras en vídeo dende unha
perspectiva subxectiva poden mercar a nova cámara de vídeo ContourHD,
que destaca por ser doada de enganchar a un casco, unha bicicleta ou un coche
para gravar
vídeo en alta definición a 720p en tarxetas de memoria SDHC de ata
16 Gb (que chegaría para almacenar 8 horas de vídeo en alta definición e 16
horas en definición estándar). O formato dos vídeos sería Quicktime (.mov) con
vídeo en H.264 e audio AAC cunha resolución de 1.280 x 720 píxeles a 30
fotogramas por segundo en HD e 848 x 480 píxeles a 60 píxeles en SD.
Esta curiosa cámara mide 9,5 x 5,3 x 3,4 centímetros e pesa 116 gramos, polo
que goza de grande mobilidade, o seu corpo é de aluminio, a súa batería daríalle
autonomía para gravar ata 2 horas de vídeo e incluso é resistente á auga.
Pero o máis sorprendente desta cámara tan versátil estaría no seu prezo, que é
de só
300 dólares (225,91 euros).
Vídeo de exemplo gravado coa cámara ContourHD