Control, o novo xogo de Remedy, sae á venda

martes, 27 de agosto do 2019 Marcus Fernández

A última creación de 505 Games e Remedy, Control, chega por fin ao mercado en versións para Xbox One, PlayStation 4 e PC, dando a impresión de que buscan retomar as ideas que desenvolveron en Quantum Break, grande xogo de Remedy Entertainment que lanzouse como exclusivo de Xbox One, o que limitou o seu alcance, de xeito que foron poucos os que puideron gozar desta orixinal proposta.
Control é un xogo de acción en terceira persoa na que haberá que combinar e dominar habilidades sobrenaturais, equipamento modificable e contornos reactivos, mentres se avanza nun mundo ocupando o rol de Jesse Faden, directora dunha axencia secreta de New York que tras unha invasión dunha ameaza doutro mundo deberá recuperar Control. Temos así un xogo que tanto coida a súa misteriosa historia como a súa peculiar acción, mantendo un estilo na liña de anteriores lanzamentos de Remedy, polo que quen gustase dos xogos de Alan Wake ou do antes mencionado Quantum Break atopará aquí un digno sucesor, que destaca por ser o primeiro lanzamento do estudio dispoñible para unha consola PlayStation dende Max Payne 2 (xogo que en 2003 contara con versión para PS2).

Tráiler de lanzamento de Control

PUBLICIDADE