Controlador sen fíos con forma de placa de identificación

mércores, 5 de decembro do 2007 Marcus Fernández

O fabricante coñecido especialmente polos seus kits de mans libres para móbiles, Jabra, sorprende co seu BT3030, que é un mando a distancia Bluetooth con forma de placa de identificación militar que se pode pendurar no pescozo e ó que se poden conectar uns auriculares para escoitar a nosa música favorita reproducida dende o móbil ou dun reprodutor multimedia con soporte Bluetooth 1.1 ou superior a unha distancia de ata 10 metros.
A placa identificativa incorpora os botóns de control multimedia, é resistente a salpicaduras, pesa menos de 30 gramos e se pode cargar en 2 horas mediante un conector miniUSB que lle dá unha autonomía de 8 horas en conversa (se o usamos como mans libres para móbil), 7 horas de reprodución de música e 230 horas en espera.

PUBLICIDADE