Convocados os Premios Antonio Casares y Rodrigo de Investigación
mércores, 10 de outubro do 2007
A Dirección Xeral de I+D vén de convocar no DOG (do 10 de outubro de 2007) os Premios Antonio Casares y Rodrigo de Investigación Científico-Técnica, correspondentes aos Premios Galicia de Investigación 2007. O obxectivo destes galardóns é recoñecer o traballo de investigadores prestixiosos realizado desde Galiza, por galegos e en pro de Galiza e estimular o labor dos investigadores mozos. Os Premios Galicia de Investigación dedícanse cada ano e de xeito rotativo a unha das seguintes grandes áreas da investigación: a social, a científico-técnica, a humanística e a sanitaria. Felipe Casanueva, Luis Castedo, Ángel Carracedo e Xosé Manuel Sabucedo son algúns dos galardoados nestes dez anos de edición.