Coremain alcanza un acordo con Phonexia para ofrecer a súa solución de biometría de voz
luns, 24 de maio do 2021
A
empresa
galega Coremain vén de acadar un acordo coa compañía de software
checa Phonexia para ofrecer a súa solución Phonexia Voice Verify
como parte da nosa carteira de produtos. O acordo con Phonexia,
referente internacional en tecnoloxías de biometría de voz e fala,
acadouse grazas ao labor xerado polo equipo de Desenvolvemento de
Negocio liderado por Fernando Sánchez. En palabras de Coremain,
“supón un novo avance na nosa estratexia dixital
experience, que nos permitiu transformar servizos e
transformar procesos orientados a usuario desde fai máis dunha
década”.
A
empresa compostelá tamén explica que Phonexia é unha solución
avanzada de pegada de voz dixital que “permite optimizar a
eficiencia dos servizos de atención ao cliente e mellorar a
experiencia do usuario, ao ofrecer un método de autenticación áxil,
seguro e sen contrasinais co que se reducen ademais custos e tempos
de resposta e prevéñense intentos de fraude”.
Ademais,
o servizo destaca pola súa capacidade para “identificar as persoas
en tempo real”, baseándose en datos biométricos de voz e
utilizando Intelixencia Artificial da propia compañía checa, “o
que posibilita unha verificación precisa e rápida”. Isto permite
cousas como desbotar, nos procesos de verificación, as preguntas de
seguridade aos usuarios, podéndose validar a súa identidade por
teléfono e cunha precisión de máis do 92% e despois de tan só 3
segundos de voz na Rede.