Coremain xunta forzas co Clúster Alimentario de Galicia

xoves, 11 de xullo do 2019 Redacción

Coremain, referencial e histórica empresa galega de novas tecnoloxías, anunciou a semanas pasadas a súa adhesión ao Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA), que agrupa a 60 empresas do sector e outras tantas entidades engadidas, entre entes públicos, centros tecnolóxicos e empresas do ámbito das tecnoloxías da información (máis dunha ducia de firmas, entre as que se atopa, precisamente, Coremain).
Segundo informa a compañía TIC con sede principal en Santiago, no Polígono de Costa Vella, o “noso obxectivo é apoiar a transformación dixital do sector alimentario a través de propostas tecnolóxicas innovadoras que axuden a modernizar procesos para aumentar a competitividade, a eficiencia e a rendibilidade dun sector clave para Galicia”.
Ademais, Coremain participará activamente no Dixital Innovation Hub, impulsado por CLUSAGA e CEAGA (o Clúster de Empresas de Automoción de Galicia), un ecosistema I+D+i que comezará a operar en 2020 achegando ideas innovadoras para a súa aplicación en PEME galegas. Coremain tamén anunciou a súa colaboración como empresa técnica na Business Factory Food, a primeira aceleradora para proxectos de emprendemento no sector alimentario.

PUBLICIDADE