Coruña Dixital amosa as posibilidades dos contidos inmersivos en colaboración co TEK-FEST
martes, 20 de setembro do 2016
O
equipo do TEK-FEST de Pontevedra, Diego Parajó e Toño Cabanelas, quixo dar un
petisco a un reducido grupo de axentes da cidade da Coruña do que será o obradoiro de VR 360: Audio, Video & Programming que entre os dÃas 27 e
29 afondará na produción de contidos audiovisuais inmersivos, e que actualmente
aÃnda ten aberto o seu proceso de solicitude de inscricións, sendo unha
magnÃfica oportunidade para profesionais do audiovisual, deseñadores,
programadores e artistas dixitais para poder profundar nas novas ferramentas
que están a abrir posibilidades á creación valéndose na proliferación dos
sistemas inmersivos que prometen popularizarse este outono grazas ao lanzamento
comercial das PlayStation VR (á vez que tamén se normalizará a comercialización
das Oculus Rift e HTC Vive).
Esta actividade englobada no programa
Coruña Dixital celebrouse no mercado da Praza de Lugo, onde os asistentes
puideron non só coñecer detalles sobre a gravación de contidos en 360 graos e
os retos que supón para rexistrar axeitadamente audio e vÃdeo, senón que tamén
puideron participar na captura de fotografÃa e vÃdeo no propio mercado coruñés,
convidando incluso ás praceiras a probar o casco Samsung VR para ver o seu
contorno de traballo de xeito inmersivo, experiencia que aceptaron con grande
interese e emoción, deixando claro que este tipo de contidos gozan de grande atractivo
para o grande público.
Dado que esta pÃlula demo de
realidade virtual tiña lugar nun contorno en mobilidade, en vez de probarse
sistemas baseados en ordenadores persoais, optouse por traballar con solucións
máis básicas e tamén moito máis asumibles para que os creadores poidan animarse
a experimentar cos novos formatos, como son as cámaras Samsung Gear 360 e Ricoh
Theta S e o sistema de visualización Samsung VR cun smartphone Samsung Galaxy
S6 edge, que resultaron máis que suficiente para demostrar o accesible que
resulta actualmente a captación de contidos inmersivos, que por fortuna xa non
precisan de grandes sistemas multi-cámara seguidos de enormes procesos de
post-procesamento mediante sistemas informáticos, de xeito que xa pode realizar
unha visualización dos contidos in situ.
Esta experiencia axuda a que os creadores de contidos vexan como é posible
aplicar esta tecnoloxÃa de comunicación a pequenas iniciativas sociais e culturais,
podendo incluso empregarse este tipo de tecnoloxÃa como un reclamo turÃstico.
Adianto do TEK-FEST
Os interesados en afondar nesta tecnoloxÃa poden inscribirse
no obradoiro que se desenvolverá no marco do TEK-FEST a partires do vindeiro
martes, cando tamén botará a andar outro obradoiro en paralelo
sobre cartografÃa dixital impartido por Javier Noguerol, e que tamén mantén
aberta a súa inscrición.
Para un público máis amplo serÃa a actividade central do TEK-FEST, un simposio
que desenvolverase o dÃa 30 e que a través de conferencias e performances artÃsticas quere introducir
aos asistentes na cidade do futuro, á vez que tamén demostrarán tecnoloxÃas de
realidade virtual e incluso darán conta das posibilidades da artesanÃa dixital.
O público xeral poderá acudir ao TEK-FEST o sábado 1 de outubro para participar
do Demos Day, unha
xornada de portas abertas na que os visitantes poderán probar distintos
trebellos como o sistema de realidade virtual HTC Vive e incluso, en primicia,
poder achegarse ao casco PlayStation VR que sairá á venda en poucas semanas e
achegará a realidade virtual á consolas PlayStation 4 (o que poderÃa supor a
popularización desta tecnoloxÃa no mercado doméstico).