Coruña Gráfica analizou o impacto da IA nas industrias creativas
xoves, 21 de setembro do 2023
A sede da Asociación
de Emprendedores de Galicia (ASCEGA) na Coruña acolleu esta tarde unha
mesa de debate organizada por Coruña Grafica na que pretendÃase analizar a
implementación das intelixencias artificiais no mercado e o seu impacto nos
sectores creativos.
O coloquio estaba conducido polo ilustrador e editor Manel Cráneo, e contou coa participación do enxeñeiro e escritor Xavier Alcalá, o ilustrador e humorista gráfico Santy Gutiérrez e o profesional da animación stop-motion Tomás Conde, achegando cadaquén visións diversas do tema a tratar, o que espertou grande interese por parte dos presentes, como ben se constatou na súa quenda de intervencións final.
TecnoloxÃa útil
Pola súa banda, Tomás Conde (de AlgarabÃa Animación) deixou claro que facÃa un uso profesional das
intelixencias artificiais xenerativas, principalmente na fase de creación de
personaxes, aproveitando o potencial das ferramentas existentes para axilizar o
proceso de documentación e o de prototipado dos personaxes que rematarán
plasmándose nas súas creacións. Ou sexa, que a IA pode verse como un apoio ao
seu traballo.
TecnoloxÃa inmadura
Por outra banda, Santy
Gutiérrez centrouse no estado actual das intelixencias artificiais xenerativas,
salientando o feito de que, por moito que o intenta, non consegue que os
sistemas actuais sexan quen de crear o que el desexa facer, considerando que a
tecnoloxÃa actual está aÃnda bastante lonxe de realizar creacións de auténtica
calidade, principalmente pola falta de intención, ou sexa, que poderiamos
entender que as creacións artificiais aÃnda están carentes do toque que lle dá
un autor.
Gutiérrez asegura que, no estado actual da tecnoloxÃa, será bastante difÃcil que perigue o seu traballo, xa que seguirá a ser precisa a súa man para desenvolver as súas obras, asà como tamén deixa caer que boa parte do traballo dos creadores cando atenden encargos é entenderse co cliente para ofrecerlle o que precisa aÃnda que este non saiba expresalo, rol que dificilmente poderÃa ocupar unha IA, xa que ante ordes difusas non pode acadar resultados satisfactorios.
Terra de oportunidades
Xavier Alcalá, tras distintas
disertacións, deixou claro que a IA era imparable, e considerou que non era o
seu rol ter que falar da necesidade de regular a intelixencia artificial de
cara aos creadores, senón que entende que esa será a preocupación de toda a
xente que realmente se xoga o seu provir en función de como quede a situación. No
que si quixo incidir con insistencia é no feito de que boa parte da tecnoloxÃa que
move a intelixencia artificial funciona sobre grandes servidores, dos que
incluso temos algún en Galicia, de aà que considera fundamental que se traballe
para non quedar á marxe desa capa da IA. Pensa que é importante que se traballe
para xogar un rol neste ámbito que está a medrar a grande velocidade, e que
pode ser unha fonte de oportunidades.
Regulación necesaria
Para pechar a sesión, Manel
Cráneo tivo a ben amosar unha pequena selección de exemplos de creacións
realizadas mediante intelixencia artificial, asà como unha serie de viñetas
humorÃsticas sobre o tema, que ilustraban ben o tema analizado. Tamén quixo
deixar clara a preocupación do sector das industrias creativas no rápido avance
da IA e na necesidade de que exista unha regulación que impida abusos nun
sector tan desprotexido tradicionalmente como o da creación.
- O debate desenvolveuse en colaboración coa Asociación de Emprendedores de Galicia (ASCEGA), que achegou o espazo para a súa celebración
- Guitérrez quixo arrincar un sorriso aos presentes expoñendo unha serie de novas preocupantes que resultaron ser obra de ChatGPT