Counter-Strike 2 será unha realidade no verán
mércores, 22 de marzo do 2023
Os
seareiros dos xogos de Counter-Strike están xa ansiosos porque chegue o
verán, xa que Valve vén de anunciar que no período estival poderemos gozar de Counter-Strike 2 de xeito
oficial, comezando hoxe a súa proba limitada para unha selección de xogadores
de CS:GO, o que permitirá avaliar o subconxunto de características de CS2
para resolver os posibles problemas que poida presentar antes do seu lanzamento
mundial.
Counter-Strike 2 será unha actualización de balde de CS:GO, que
supón o avance técnico máis importante na historia da franquía, con mapas completamente
remodelados, fume interactivo (que incluso reacciona á iluminación), efectivos
visuais e son redeseñados e novas ferramentas para os creadores de mapas da
comunidade; destacando o feito de que o inventario de CS:GO manterase en
CS2, incorporando melloras na súa iluminación e materiais.
Vídeo no que podemos ver algunhas das novidades de Counter-Strike 2