Crackdown 2 estrea demo con logros desbloqueables

martes, 22 de xuño do 2010 Marcus Fernández

Crackdown, o xogo exclusivo para Xbox 360 considerado coma o precursor de títulos coma InFamous ou Prototype, estreará secuela o vindeiro 9 de xullo, pero esta nova entrega da saga que nos mete na pel dun axente armado que deberá evitar a anarquía total en Pacific City xa ten unha versión de demostración no Bazar de Xbox LIVE, de xeito que podemos non só botar unha ollada incluso ao seu modo cooperativo de 4 xogadores, senón tamén desbloquear 10 logros que poderán facerse efectivos se adquirimos o xogo final, o que resulta bastante rechamante, pois é a primeira vez que unha compañía premia o uso dunha demo.
A demo de Crackdown 2 só está dispoñible en inglés, pero é algo que resultará pouco relevante para os amantes deste tipo de xogos de acción tipo sandbox, aínda que sexa só para conseguir desbloquear os logros que inclúe, tal e como pode verse no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE